28 feb 2017

Lapbooks en relixión

O alumnado de 3º, 5º e 6º coñeceu na clase de reli os mitos da Biblia. Cada alumn@ fixo un libro de solapas explicando  un deles. Con esta excusa aprendimos a citar un texto bíblico, fixemos un resumo do mesmo e coñecimos algúns cadros inspirados neses relatos, o seu autor e ubicación actual.
Tardamos un pouco máis do que queriamos pero o resultado, eu creo que non estivo nada mal.
Aquí o tedes.

2 feb 2017

PAZ 2017

Para conmemorar o día da PAZ neste curso, decidimos buscar as orixes e o por que deste día. Para iso tivemos que indagar na vida dunha persoa fascinante: MAHATMA GANDHI. Ao longo de toda a semana o alumnado recopilou información deste home: a súa vida, os seus desexos, o seu país, a súa relixión,...Todos estes datos recolléronos nun mural colectivo que se pode ver no corredor da planta baixa.
Ademais, cumprindo coa tradición, organizamos a III CARREIRA SOLIDARIA en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Aínda nos están chegando aportacións polo que non podemos dicir a cantidade total recadada. Partciparon alumnos, pais, profes, persoal non docente,...A finalidade era axudar nos proxectos desta ONG en Etiopía, onde a seca está causando estragos.



































11 jun 2016

Continuamos cos vídeos das nenas e nenos recitando os seus poemas de Manuel María. 

Vídeos Manuel María

Como dixemos na anterior entrada, realizamos distintos traballos polo día das letras galegas, este ano adicado ao escritor Manuel María.
Aquí vos deixamos algúns dos vídeos dos nenos e das nenas recitando os seus poemas.
Ao longo da próxima semana continuaremos subindo os vídeos.


31 may 2016

Para celebrar o día de Manuel María, realizamos moitas actividades como por exemplo: coñecer un pouco sobre a vida do escritor, recitar cada neno/a un poema do autor aos compañeiros e gravalo en video, e por último, con todos os poemas recopilados e traballados no cole, fixemos o noso POEMARIO:

18 mar 2016

Navallas(Antonio Díaz) e coitelos (Pedro Bermúdez)

Hola  imos a falar da  excursión que fixemos a Taramundi ás navallas de Antonio  Díaz Bermúdez
  • Partes da navalla: folla,mango e vitola.
  • Ferramentas para a navalla: martelo,cizalla,lima,taladro,esmeril e forno,
  • Como é o seu traballo: Parecía difícil pero facía unha navalla en 5 segundos, aínda así tiña que facer moitas cousas.Facía cada día 18 navallas.Seu pai ensinoulle a facer navallas e a seu curmán,que vive ao lado, coitelos.
  • Como se fai una navalla: Collía un trozo de acero inoxidable, e faciao redondo; con eso fixo a parte chamada vitola,e á vitola faille o seu signo que e un "A" feita de puntos. Despois cóllese un trozo de madeira chamada buxo,co que facía o mango. El facía un debuxo que era unha árbore, tallando a madeira con outra navalla. Con outro trozo de acerp inoxidable facía a folla e despois límabao todo e facíalle un burato nas tres partes da navalla co taladro,e xa acabando pintaba o debuxo do mango da navalla con goma laca que é baba dun insecto da india que a solta ao pousarse nunha planta. Por último empaqueta a navalla e mándaa aos fogares dos clientes. 
  • O seu horario é: luns a venres de 9:00 ás 13:00 e de 16:00 a 14:00,os sábados de 9:00 ás 13:00.
  É máis do normal non os parece?!VISITAS GRATUITAS.

Páxina web do artesán de navallas Antonio Díaz.


                                                Autores: Adri e Adrián de 5º de primaria